Evento
Conferencia nas Torres do Allo
14/out./2017 a 14/out./2017
5:00 h a 6:00 h
10:20 29/09/17
Despois dun intenso verán cun incremento de visitantes e cun completo programa cultural, o concello de Zas – a través da súa concellería de Cultura – vén de dar a coñecer as novas citas que terán lugar ao longo do vindeiro mes de outubro no pazo das Torres do Allo. Trátase dun ciclo de monografías no que distintos expertos abordarán disciplinas que están e estiveron vinculadas ó pazo, e que as fan realmente atractivas para coñecer o valor inmaterial que atesouran as Torres do Allo.
“Monografías do Allo” desenvolverase todos ós sábados de outubro ás 17 horas no propio pazo e a asistencia é de balde, ao igual que as demais actividades que se realizan en dito monumento.
A primeira cita é o día 7 con Jesús Ángel Sánchez. Este doutor en Historia da Arte falará das Torres do Allo no contexto da arquitectura dos pazos, facendo un repaso entre os séculos XVI e o XIX. O sábado seguinte, día 14, será o turno do arquitecto Iago Seara que falará da “Restauración das Torres do Allo”. A terceira monografía virá da man do catedrático de Bioloxía e Xeoloxía Xosé A. Fraga Vázquez quen disertará sobre “A actividade científica do naturalista Víctor López Seoane, señor do pazo das Torres do Allo na fin do século XIX”. “Monografías do Allo” remata o sábado 28 de outubro coa intervención de Xosé María Lema Suárez– catedrático de Xeografía e Historia – que traerá “Notas sobre os pazos e casas fidalgas da Costa da Morte”.