Martes. 15.10.2024
El tiempo

Evento

Conferencia no Mes da Fundación

10/out./2015 a 10/out./2015
19:00 h a 00:00 h
Conferencia no Mes da Fundación
Ditico-do-Mes-da-Fundacion-Fernando-Blanco-Cee-2015 Por terceiro ano, a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee celebra o programa educativo-cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2015″ xunto coa colaboración da Deputación da Coruña e de varios establecementos da vila. O programa, que se desenvolverá ao longo de todo o mes de outubro, conta cunha dobre programación. Por un lado, realizaránse actividades dirixidas todos os centros de ensino de Cee independentemente do seu nivel educativo. E por outro, todos os sábados do mes de outubro desenvolveránse actividades gratuitas para todos os públicos baixo a seguinte programación: - 10 de outubro, ás 19 horas, no I.E.S. Fernando Blanco: Ofrenda floral e misa na honra de D. Fernando Blanco de Lema e de todos os mestres, alumnos e alumnas do centro. 10 de outubro, ás 21 horas, na casa da Cultura de Cee: “Pantasmas familiares”, monólogo a cargo de Quico Cadaval. - 17 de outubro, ás 21 horas, na casa da Cultura de Cee: “Protón”, discurshow (charla científica teatralizada) protagonizada por Xurxo Mariño, doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC, profesor no departamento de Medicina da USC, especialista en Neurofisioloxía; e por Vicente de Sousa, actor nas series “Libro de familia”, “Mareas Vivas”, “Padre Casares”,”Matalobos”, “Pratos Combinados”, “Los hombres de Paco”, entre outras. - 24 de outubro, ás 20:30 horas, na casa da Cultura de Cee: “ADN Forense”, conferencia de Ángel Carracedo, doutor en Medicina pola USC, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, director do Instituto de Medicina Legal, director do Centro Nacional de Xenotipado, entre outros cargos. - 31 de outubro, ás 20:30 horas, na casa da Cultura de Cee: “Os instrumentos musicais na tradición galega”, concerto didático a cargo de Pablo Carpintero, investigador musical e colaborador no programa “Luar” da TVG.
Comentarios