Evento
Contando en feminino en Ponteceso
24/mar./2017 a 24/mar./2017
11:30 h a 6:00 h
10:15 23/03/17
No Concello de Ponteceso, a vila natal de Eduardo Pondal, Ana Hermida estará contando historias para ir concienciando ao público infantil na igualdade e violencia de xénero, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
O venres 24 de marzo o alumnado do Ceip Eduardo Pondal ten unha cita cos contos e coa igualdade, será na Biblioteca Pública Municipal do Concello ás 11:30 h.
Ana Hermida é Diplomada en Arte dramática, conta cunha ampla experiencia no mundo da narración oral, así como tamén como actriz de teatro, cine e televisión. Ten actuado en numerosos lugares da xeografía galega. Conta cunha ampla formación no mundo da Igualdade e Violencia de Xénero.