domingo. 09.02.2025
El tiempo

Evento

Conversas no LuscoFusco

16/nov./2018 a 16/nov./2018
7:00 h a 6:00 h
Espazo de Natureza de Oza
Conversas no LuscoFusco
Senda Nova programa Outono 2018

Novo programa de outono da activa asociación Senda Nova. "Ás sete no Espazo" artellarase arredor do cine (“Xoves de filme”) e das charlas (“Conversas no Luscofusco”), sendo citas que se darán á devandita hora de xoves e venres, no Espazo da Natureza de Oza.

Semana do 12-18 de Novembro Dentro do conxunto de actividades realizadas na Semana do Volframio que coordinará a Plataforma pola Defensa do Monte Neme, adaptarase a programación para tratar temas relativos ao Volframio e á mina do Monte Neme. Filme (15 Nov): Documental acerca do Volframio nas Minas da Borralha e conversa cos maiores da zona. Veremos o caso das veciñas Minas de Volframio da Borralha en Portugal, unha das grandes reservas deste estratéxico mineral na Península Ibérica. Conversa no luscofusco (16 Nov): “Bergantiños capital do Volframio” con Xan Xosé Fraga Rodríguez. Na que falaremos do contexto social e xeopolítico da nosa bisbarra deste mineral chave na II Guerra Mundial. Semana do 19-25 de Novembro Filme (22 Nov): “O Retorno do Guincho” de Francisco Javier Lema Fuentes. Contaranos o esforzo de recuperación e conservación na Península Ibérica desta ave rapaz. Todas as actividades deste programa son libres e de balde e realizaranse ás 19h da tarde no Espazo da Natureza de Oza (única limitación a capacidade do ENO) salvo a limpeza de praias que se levará a cabo en Baldaio con punto de quedada nas Saíñas.  
Comentarios