Evento
Conversas no LuscoFusco
19/out./2018 a 19/out./2018
7:00 h a 6:00 h
Espazo de Natureza de Oza
12:50 16/10/18

Novo programa de outono da activa asociación Senda Nova. "Ás sete no Espazo" artellarase arredor do cine (“Xoves de filme”) e das charlas (“Conversas no Luscofusco”), sendo citas que se darán á devandita hora de xoves e venres, no Espazo da Natureza de Oza.
Semana do 15-21 de Outubro Xoves 18: O próximo xoves 18 comezaremos coa proxección de documentais da serie “De Re Naturae” de Francisco Javier Lema, co que contaremos tamén no Espazo para coñecelo persoalmente e coñecer as curiosidades e modus operandi da realización dos seus filmes. Venres 19: O venres 19 comezan as “Conversas no luscofusco” coa “Mirada superficial ao noso patrimonio” con Evaristo Domínguez Rial onde falaremos do patrimonio de forma introdutoria prestando tamén a atención a aspectos como o patrimonio inmaterial. Sábado 20: O sábado 20 será a “Limpeza simultánea de praias” en Baldaio, neste caso a hora de referencia será ás 11h da mañá, partindo dende as Saíñas. Para participar na actividade requírese simplemente avisar ao teléfono 617197591 e opcionalmente levar luvas para protexer as mans