mércores. 19.03.2025
El tiempo

Evento

Curruncho Pop

08/abr./2017 a 08/abr./2017
8:30 h a 6:00 h
Biblioteca Rego da Balsa
Curruncho Pop
Volve á biblioteca Rego da Balsa de Carballo o Curruncho Pop coa intención de contribuír á difusión de músicos e bandas emerxentes, e tamén das consolidadas que non sempre teñen o recoñecemento que merecen malia a súa valía. E aínda máis, porque o festival, como manifestou o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, ao presentalo, tamén pretende “potenciar a biblioteca Rego da Balsa como espazo de acollida de diferentes manifestacións culturais”. Citas En abril reuniranse en Carballo Elena Setién e Amparo Arias. A donostiarra presenta o seu último disco, “Dreaming of Earthly Things”, no que amosa un pop sofisticado con aromas de jazz alternativo. Dende Fene, Amparo Arias cantará en galego, castelán e inglés co seu estilo folkie mesturado con bossa nova e pop. Para maio veñen a Os amigos dos músicos, unha banda de Ourense formada por experimentados músicos que proveñen de grupos e tradicións diversas, de grupos como Niño y Pistola, Blood Filloas ou O Sonoro Maxín. E, como peche do Curruncho Pop, o 10 de xuño virá Joserra Rodríguez, unha das persoas que máis sabe de Bob Dylan en Galicia, para ofrecernos un monográfico sobre o universal músico. Pero tamén haberá lugar para o audiovisual, algunha canción en directo e as preguntas do público. Con todos estes ingredientes cociñarase, como dixo o alcalde na presentación, un “espazo especial, con encanto”, como corresponde a un curruncho. Despois do éxito que tivo a primeira edición, con algún concerto antolóxico, Evencio Ferrero agarda que tamén no futuro se fale dos concertos do Curruncho Pop 2017 que deixaron pegada. E, de paso, “que a xente perciba os espazos culturais como espazos diversos e de diversidade, de portas abertas ao conxunto da sociedade”. Reservas O Curruncho Pop, de feito, é un festival para todos os públicos, no que, dadas as características da instalación, ofrécense concertos de pequeno formato e para un máximo de 90 persoas. As entradas son de balde, pero por esas limitacións de espazo requírese a reserva previa a través de [email protected] ou no número de teléfono 981 758 580 (máximo catro pases por persoa).
Comentarios