Evento
Descubrindo os froitos autóctonos en Corcubión
17/xuño/2018 a 17/xuño/2018
10:30 h a 6:00 h
11:49 14/06/18
A Asociación ecosocial e cultura Boca de Sapo volve a armar unha interesante actividade en Corcubión. Este domingo 17 de maio será un día adicado ás prantas e froitos silvestres comestibles da zona. Ao longo do día haberá unha presentación matutina (na Capela do Pilar ás 10:30h), para preparase para o roteiro que se realizará a continuación.
Pola tarde, a partir das 16:30, no campo de San Roque haberá un obradoiro de cociña para sacarlle partido ao colleitado na excursión da mañá.
Podes reservar a túa praza para o roteiro (de prezo libre) e para o obradoiro de cociña (25€) en [email protected].
Para irse preparando propoñen descargar e ler responsablemente o libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza”.