Luns. 09.09.2024
El tiempo

Evento

Dobre presentación de libros en Santa Comba

10/mar./2017 a 10/mar./2017
8:00 h a 6:00 h
Ler Librerías
Dobre presentación de libros en Santa Comba
Rafael Lema e Natalia Lema Otero presentan os seus libros este venres en Santa Comba. Este vindeiro venres 10 de marzo a partir das 20:00h terá lugar a presentación de dous libros en Ler Librerías. O escritor e investigador Rafael Lema presenta “Costa da Morte. Crónica Marítima” editado polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro, GALP Costa da Morte. Un traballo de 371 páxinas con 135 fotografías que recolle “a vida na Costa da Morte máis alá da relación con naufraxios e desastres, unha vida unida ao mar e as potencias marítimas”.Os asistentes a presentación recibirán un exemplar gratuíto desta publicación. No mesmo acto tamén se presentará o libro “Baos” de Natalia Lema Otero, unha estudante de Baíñas(Vimianzo) que a raíz dun artigo na web Anosacosta, quixo render unha homenaxe aos habitantes da aldea de Os Baos (Mazaricos), soterrada baixo o encoro de Fervenza fai medio século. Lema Otero quixo dar voz a aquelas persoas, entre as que están os seus propios familiares e dou forma a un conxunto de poemas que conforman este libro. Os autores serán presentados polo comunicador e director do xornal dixital Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema Mouzo. O acto ten carácter aberto e agradecemos a difusión do mesmo. Presentación “Costa da Morte. Crónica Marítima” e “Baos” Venres 10 de marzo. 20:00H. Ler Librerías Rúa Rosalía de Castro,32. 15.840 Santa Comba
Comentarios