Evento
Encontro de Corais de Baio
10/xuño/2017 a 10/xuño/2017
9:00 h a 6:00 h
Igrexa Nova
08:51 07/06/17
O vindeiro sábado 10 de xuño a Igrexa nova de Baio acollerá o XV Encontro de corais organizado pola AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella. Esta actuación representará a número 200 nos case tres lustros de vida da Coral Xan Mella
O festival dará comezo ás 21:00 horas e nel participarán o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, a Coral Ecos de Bergida de Cacabelos (León),a Coral Stella Maris de Nigrán (Pontevedra) e a anfitrioa Coral Xan Mella que, baixo a batuta da profesora Tatiana Pankrátova e o acompañamento de piano de Nuria Vilariño, estreará o tema "Chiquitita" de Abba.
Na organización deste Concerto colaboran o Concello de Zas e a Deputación de A Coruña.
Xa o domingo 11 de xuño a Coral Xan Mella participará na misa homenaxe a Don Francisco Espasandín que se celebrará ás 12:00 horas na Igrexa nova de Baio.
E para rematar o curso a coral baiesa participará na función litúrxica do Corpus na Igrexa de Baio pequeno o domingo 18 de xuño
P.S.- As fotos e o cartel son de libre disposición