Evento
Enterro da Sardiña de Corcubión
Tralo divertido éxito do I Enterro da Sardiña do ano pasado, as xentes festexeiras de Corcubión fan un chamamento a unha vila famenta de Entruido, para recuperar esa fermosa festa do Sábado de Borralla.
Nova xeira para o II Enterro da Sardiña de Corcubión. A comitiva arrincará cos viños este sábado 13 ás 12:00h, para darlle o remate ao Entruido deste ano 2016. Percorrerán os rueiros da vila para dicirlle o derradeiro adeus a estes días de irreverencia, troula e liberdade ameazada.
”Entruideiros da vila, acompañádenos con farrapos negros e calquer trebello que faga algo de barullo (latas, pandeiretas, pandeiros, botellas de anís cheas ( xa daremos conta delas) ou baldeiras, cunchas etc…)”, animan os máis trouleiros da vila.
Se o tempo non permitira andar ao ar fresco e puro de Corcubión farase unha cerimonia acorde co que se merece o final do Entruido na Capela do Pilar a bon resgardo de refachos e choivas traizoeiras.
Nova relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).