sábado. 15.03.2025
El tiempo

Evento

Enterro do Percebe de Muxía

04/mar./2017 a 04/mar./2017
7:00 h a 6:00 h
Edificio Servizos Múltiples
Enterro do Percebe de Muxía
Entroido Muxia 2017 Xa ule a entroido. Sobre todo en Muxía, xa que o concello vén de dar a coñecer os actos programados para estes días. O sábado, 25 de febreiro, os nenos e nenas de máis de seis anos poderán participar nos obradoiros de maxia e maquillaxe co Mago Paco que terá lugar ás 17 horas no edificio de Servizos Múltiples e para o que é preciso anotarse previamente no número de teléfono 981 74 25 63. O martes, o 28 de febreiro, o concello ten organizada unha gran festa de entroido no pavillón deportivo a partir das 17 horas. Haberá discoteca móbil infantil, concurso de disfraces para nenos e para adultos, degustación de filloas e orellas, concurso de comparsas e concurso de grupos. Repartiranse máis de 2500€ en premios e xa está aberto o prazo para a inscrición nos concursos. A programación remata o sábado 4 de marzo co enterro do percebe coa participación do clube de xadrez Cabo Touriñán. O cortexo fúnebre sairá ás 19 horas do edificio de Servizos Múltiples e percorrerá as rúas da vila. Ao remate haberá queia a rambleta a unha chocolotada con Xaramiños do Corpiño. Inscricións O horario para as inscricións nos distintos concursos e obradoiros é os martes no concello de Muxía de 8:30 a 15 horas e de martes a venres na biblioteca municipal de 15:30 a 20 horas.   Fonte
Comentarios