domingo. 10.11.2024
El tiempo

Evento

Entroido de Cee

13/feb./2016 a 13/feb./2016
16:30 h a 16:30 h
Entroido de Cee
Cartel Entroido Cee 2016

Aínda está aberto o prazo de inscrición (ata o día 10) pero xa hai media ducia de comparsas anotadas ao Concurso de Cee, que se celebrará, como vén sendo habitual os últimos anos, o sábado de Piñata. Este sábado 13 de febreiro, repetirán varias das que participaron o ano pasado, e faán o desfile para logo ir facelo Concurso, desta volta no pavillón.

Se a climatoloxía o permite, nada menos que 10 comparsas e uns 400 participantes darán colorido e animación ás rúas da vila ceense a partir das 16.30 horas. Estarán moi ben representadas as comarcas de Fisterra (7 comparsas: Los niños del coro e A Charca de Fisterra; Alicia no País das Marabillas de Corcubión; Buxantes Calidade de Dumbría e Lirex, a ultima aldea de gala; O Titanic de As caldeiras de Gures e a comparsa invitada Mundo Star Wars de Cee (esta participará no desfile e actuación pero sen optar ós premios en metálico por estar formada maioritariamente por cativos). Da Terra de Soneira chegan dúas comparsas: a da Asociación Tribusquiña de Vimianzo e Ponte a bailar desde a Ponte do Porto (Camariñas); mentras que desde as Terras de Muros-Noia, chegará a comparsa da Asociación Ximiela de Louro.

Hai 4.500€ en premios, e será presentado por Paco G. Cobas, presentador do programa Collidos nas patacas da TVG.

Máis novas

Fonte

Comentarios