domingo. 10.11.2024
El tiempo

Evento

Entruido de Mazaricos

06/feb./2016 a 06/feb./2016
17:00 h a 17:00 h
Entruido de Mazaricos
  • Última hora: Por mor das previsións meteorolóxicas, trasládanse as actividades ao pavillón municipal.
entruido mazaricos 2016 Na maior parte da Costa da Morte fálase de “entruido” desafiando á normativa da Real Academia Galega. Así que unha marea de xente, #EuSonMazaricos, a Asociación de Amas de Casa, os Cabaleiros da Fervenza, os Gandeiros de Mazaricos e a Asociación de Hosteleiros, xuntáronse, da man do Concello para organizar unha auténtica festa de “entruido” implicando a unha boa parte das asociacións, panadarías e establecementos hosteleiros do municipio. O sábado de “entruido”, o 6 de febreiro, será o día grande. A festa comeza ás 16:30 horas cun pasarrúas que partirá do campo da feira da Picota. Un amplo séquito de “entruideiros de Arcos” e de “Vaquiñas” acompañarán á charanga “Os Jaláticos” que será a encargada de amenizar a festa. Todos xuntos farán o recorrido pola Picota, subindo pola Avenida 13 de Abril, pasando polo Centro Médico e voltando para a Praza da Feira onde lles agardará a todos os disfrazados unha carpa cunha merendola. Ademais da música, os membros da asociación #EuSonMazaricos terá preparados inchables e xogos populares. Tampouco faltarán os doces típicos desta época que elaborarán as panaderías do municipio e que se repartirán entre os “entruideiros”. Ademais, disfrazarán e pintaranlle a cara a máis de unha centena de nenos e nenas dos colexios de Mazaricos. En Mazaricos – e no resto da comarca – é imposible concebir o entroido sen lacón, grelos, orellas, filloas, e outros manxares que ofrecerán en pinchos os bares, parrilladas e restaurantes da vila, gracias á colaboración dos hostaleiros da Picota. Para seguir coa sátira propia do carnaval, o domingo 7 de febreiro, haberá un espectáculo cómico de teatro “Fair Play” na casa da Cultura da Picota. A cita, que está dirixida a todos os públicos, comeza ás 17 horas.  
Comentarios