Evento
Feira do Libro de Cee
11/ago./2016 a 15/ago./2016
11:30 h a 00:00 h
10:42 09/08/16
Este xoves os libros sairán á praza da Constitución de Cee para conmemorar unha das súas citas anuais: a feira do Libro. E con ela chegarán as presentacións literarias cunha boa representación de escritores, espectáculos infantís e como non, o acto de lectura do pregón que correrá a cargo do físico Jorge Mira. A Feira do Libro prolóngase ao longo de toda a semana, ata o día 14, coincidindo coas festas da Xunqueira.
Por outra banda, a compañía SeisDedos foi a encargada de que onte arrancase en Cee “A Praza dos Títeres”. Así os máis pequenos poderán desfrutar durante estes días (ata o venres 12 de agosto) de diferentes actividades. As citas serán sempre ás 11:3o horas. Hoxe o encargado de O Guiñol Nacional de Cuba trae o seu espectáculo “Redoblante y Meñique”. Como complemento a esta representación, os nen@s poderán facer a súa propia marioneta de dedos.