Evento
Festa da Carballeira de Baio
25/xuño/2017 a 25/xuño/2017
12:00 h a 6:00 h
08:49 20/06/17
Os baieses e baiesas xa están preparados para unha das romarías máis esperadas do ano; a Festa da Carballeira que tanto dou que falar na vila ao longo dos últimos meses antes de que o concello de Zas comprase o terreo.
Este ano, da organización da festa encárgase o concello de Zas despois de que a asociación cultural Adro lle comunicara aos socios que non organizaba a festa por falta de tempo cando propietarias e administración se atopaban en plena fase de negociación.
Como vén sendo habitual, a festa comeza coa actuación do grupo de gaitas da asociación cultural Adro de Baio e continúa cunha sesión vermú a cargo do dúo D`Festa. E mentras os centos de romeiros e romeiras desfrutan da sobremesa volven a amenizar a tarde os gaiteiros de Adro, a charanga Os Celtas e outra que está por confirmar. A partir das 21 horas, a música correrá a cargo de novo do dúo D´Festa que compartirá escenario co trío Élite.
Co fin de preservar a carballeira como a súa contorna, así como para que todos e todas desfruten da festa, os organizadores non permitirán instalar equipos musicais, instalar carpas pechadas nin facer lume no chan.
Novas relacionadas
- Maio 2017: O concello compra a carballeira de Baio por 43.000€ e asume a organización da festa do vindeiro 25 de xuño
- Maio 2017: Baio segue pendente dos terreos para a celebración da Festa da Carballeira
- Marzo 2017: A compra do terreo pon en xaque a festa da Carballeira de Baio.
Máis novas
- Volven os Premios Fouciño de Baio.
- A asociación cultural Adro de Baio estrea directiva con Olga Mouro de presidenta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).