Evento
Festas de San Cristobal de Cee
08/xul./2018 a 08/xul./2018
12:00 h a 6:00 h
15:28 25/06/18
A Parroquia de Cee organiza este ano a procesión motorizada na honra de San Cristovo o 8 de Xullo, o segundo domingo de Xullo según a costume ceense. Este ano o no ter unha comisión de festas peligraba a realización da procesión (como xa aconteciu o ano pasado) motivo polo que o párroco de Cee, Padre Desire, animou a un grupo de voluntarios parroquiais para que xestionaran a continuidade desta tradición; a cal se levará a cabo grazas a implicación de empresas locais e devotos que están axudando económicamente para poder sufragar os gastos de flores, música, bombas e os trofeos para os coches, camions e ciclomotor mellor engalanados.
Os actos iniciarase ese día as 11:00h co inicio da procesión motorizada dende a Rúa Alvarellos Berrocal – Alameda, acompañada polo grupo de gaitas “ Fumes do Cal” de Ameixenda. Finalizada terá lugar na Alameda a bendición de todolos automóviles que participen na procesión. Xa as 12:00h a Misa solemne será cantada pola Coral do Centro Social de Cee e as 13:00h na Alameda será a entrega de premios.