Evento
Festiletras 2016
Xa temos o programa da meirande festa cultural das Letras Galegas da Costa da Morte e parte do estranxeiro galego. O Festiletras volverá encher da mellor cultura posible a aldea do Couto, da man da Fundación Eduardo Pondal e as activas Asociacións do lugar. Grandes nomes, coma sempre, achegaranse a Bergantiños para compartir o amor polo saber galego.
Isabel Blanco, Carlos Núñez, Fina Casalderrey, Xosé Luís Rabuñal Patiño (os 4 recibirán os Premios “Bos e Xenerosos” 2016), Guadi Galego (que repetirá presenza), Davide Salvado, Viki Rivadulla, Óscar de Souto, Concha Blanco, Diana Varela, Xelucho Abella, María Canosa, Tino Baz, Xosé Vizoso, Quico Cadaval, Bieito Romero, Silvia Facal, Rafa Varela, Sés, Uxía Senlle, Maxín Blanco, Oli Xiráldez, Carlos Blanco, Caxade, Cé Pantasma, Xosé Touriñán, Marcos Pereiro… Son moitos dos nomes que dan conta da potencia deste programa, que convirte unha pequena aldea de 90 casas na capital das Letras.
Como vedes, haberá de todo no programa. Pintura, cómic, música, literatura, poesía, gastronomía, contos, ornitoloxía… facendo unha ola de saberes que rematan nun inmellorable e saboroso plato cultural.
Este é o programa que abrangue dende o domingo 15 ao 22 de maio de 2016, tendo en conta que na sé da Fundación estarán abertas as exposicións de Viki Rivadulla “Ser outra cousa”(pintura) e ”Matria”(escultura):
Programa do Festiletras 2016
DOMINGO 15 DE MAIO INAUGURACIÓN NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL- 12.30 h. Ofrenda floral
- 12.35 h. Himno de Galicia. Coral a Oliveira de Monte Branco.
- 12.40 h. Entrega dos premios "Bos e Xenerosos". ISABEL BLANCO, CARLOS NÚÑEZ, FINA CASALDERREY E XOSÉ LUÍS RABUÑAL.
- Presenta. Patricia Blanco.
- 13.00 h. GUADI GALEGO
- 17.00 h. O CARRO. Corais de Cecebre, Cesullas, Corme e O Couto.
- 19.00 h. MINI E MERO
- 10.00-13.30 h. CONVIVENCIA ESCOLAR: CIENCIAS, LETRAS E ARTES. Alumnado do CEIP EDUARDO PONDAL. Convidad@s: DAVID BALLESTEROS, TAMARA LEMA, Mª XOSÉ POUSA, RICARDO PÉREZ. ODAIKO PERCUSIÓN
- 18.00 h. Clase maxistral de DAVIDE SALVADO
- 20.00. Inauguración das exposicións de Vicki Rivadulla “Ser outra cousa” (pintura) e “Matria (escultura) ESCOITO CISNES:Recital poético aberto coordinado por Óscar de Souto.
- 22.00 h. FOLIADA: O SON DO CASTRO, FARRAPOS E A OLIVEIRA. E Degustación gastronómica.
- 11.00 h. III Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal. Convidad@s: CONCHA BLANCO, DIANA VARELA, XELUCHO ABELLA E MARÍA CANOSA.
- 13.00 h. Sesión Vermú con TINO BAZ
- 17.00-19.00 h. Iº CERTAME DE TEATRO INFANTIL XOSÉ NEIRA VILAS. Para as Aulas municipais de teatro de MALPICA, PONTECESO, CABANA e LAXE. RECREO e Obradoiro de caricatura con XOSÉ VIZOSO
- 20:00 COMO QUEN DIS… Monólogo de QUICO CADAVAL Donativo: 3 euros.
- 11.30 a 16.30 h. "VAL NATIVO" - ROTEIRO PONDALIANO. Casa de Pondal, Observatorio de Aves, Monte Branco e Valarés. Convidad@s: Cpi de Bembibre.
- 17.00 a 20.00 h.CAFÉ DA MEMORIA: Obradoiro da memoria colectiva "Os traballos das mulleres". Coordina: Olalla Villaronga
- 21.00 h. PETISCOS MUSICAIS CON BIEITO ROMERO e A MUNDIÑA: Silvia Facal e Rafa Varela. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
- 12.00 h. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. Maio de 1983. Casa dos Veciños.Miguel Mato.Recital poético da mocidade Alumnado do IES de Ponteceso
- 17.00. "Os vellos non deben de namorarse" de FANTOCHES BAJ
- 18.00. Salón de Baile cos GAITEIROS DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO.Chocolates “Mariño” e roscón de Brantuas.
- 21.00 h. PETISCOS MUSICAIS: TALABARTE + ARTABRIA: Irmáns Mato Bermúdez. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
- 10.30-12.30 h. "Festival dos soños". Escolares de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. "Todo me fala de ti" Espectáculo musical de UXÍA SENLLE e MAGÍN BLANCO.
- 17.00 h. CARAMONIÑA. Aldeas creativas. Obradoiro de Maios a cargo de OLI XIRÁLDEZ
- 23.00 h. Monólogos de CARLOS BLANCO.. Donativo: 3 euros.
- 10.00-14.00 h. Os Maios percorren a aldea con Oli Xiráldez
- 10.30-12.00 h. IIIº Encontro de Aldeas Singulares Panel de experiencias
- 12.30-14.00 h. Buscando Ardebullo
- 17.00-20.00 h. COVA CÉLTICA:Encontro de Rexubeir@s / Obradoiro de treboada con Oli Xiráldez.
- 20.00 h. As vésperas. Pasarrúas INLLAR e Treboada.
- 23.00 h. Concerto de SÉS. Donativo: 3 euros.
- Feira da artesanía
- Mostra do libro galego
- OS FONDAOS DO PÍFANO(bombeiros)
- CE PANTASMA (home orquestra)
- Sesión Vermú con CAXADE, os Festisabores e Vanessa Rivas (zanqueira)
- FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL, con Inllar, Malante e Adro.
Novas relacionadas
- 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015
- 2014: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Guadi Galego: “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).