luns. 11.11.2024
El tiempo

Evento

Festival Castelo Rock

03/ago./2018 a 03/ago./2018
8:00 h a 6:00 h
Festival Castelo Rock
Xa falta pouco para a XV edición do Castelo Rock de Muros e os membros da asociación A.C.R.D. Praia do Castelo veñen de pechar o cartel despois de varios meses cociñando nel. En total serán oito grupos os que farán vibrar a vila os próimos 3 e agosto. Riot Propaganda chega a Muros como un dos pratos fortes da fin da semana. Esta famosa banda formada por Habeas Corpus e Los Chicos del Maíz escolleron o Castelo Rock como a súa última actuación en Galicia antes de parar indefinidamente. Outro dos xigantes do festival será Lendakaris Muertos que chegan para presentar “Podrán cortas la droga pero no la primavera”; un dicos, que eles mesmos definen como “lendakarísimo e desgobernado”. No cartel do Castelo Rock tamén descata Non Servium, a banda punk por excelencia e aquí será a única presentación que fagan dentro da comunidade do seu disco “Resurgir”. El Último Ke Zierre traerá a Muros e sue novo traballo “El mutante del barrio chino”. Dentro do Castelo Rock tamén teñen cabida os grupos da casa, así que bandas como TerbutalinaLiviao de Marrao, os Festicultores Troupe e os da casa Almanimal completan o cartel do XV aniversario deste festival. Actividades paralelas Ademais da música que encherá o escenario “Estrella Galicia”, o Castelo Rock trae consigo outras actividades paralelas para todos os públicos: xogos, maxia, pasarrúas e moita máis música para ambientar a vila. Para iso contarase con formacións como Indomable, Playa Cuberris, Lisdexia e Adhara & Ritman, entre outras. Os abonos será de 19,90€ máis gastos de xestión ata fin de existencias e poderán conseguirse a través da páxina web do festival – www.castelorock.com -; www.entradasatualcance.com ou en calquera oficina de Correos. A zona de acampada é gratuíta e aforo é limitado polo que se recomenda mercar a entrada con antelación.

Máis novas Muros-musiqueiras

 

Fonte

Comentarios