Venres. 04.10.2024
El tiempo

Evento

Festival de Corais

19/nov./2016 a 19/nov./2016
21:00 h a 21:00 h
Festival de Corais
cartel-novembro-con-musica-carbalo-2016 Volven a Carballo sos sons do Novembro con Música, un programa que concentra unha oferta musical na que conflúen moitos estilos, dende o folk, o pop, a música coral, a clásica ou a propiamente infantil; e no que teñen cabida tantos grupos afeccionados como profesionais. As formacións musicais de Carballo son tamén as protagonistas das actuacións, xa que durante este mes locen o traballo realizado ao longo do ano e colaboran, a través do convenio musical subscrito polo concello, coa programación cultural do municipio. A música coral estará representada o venres 19 de novembro con Festival de Corais no que participan o Coro Aires de Bergantiños e a Coral Polifónica de Bergantiños; e o sábado 26, co tradicional concerto de Santa Cecilia, que este ano contará coa rondalla Estrelecer de Fene, a coral Xoán Mella de Baio, e a anfitrioa, a coral polifónica de Bergantiños xunto co coro de voces Brancas. Por último, o recoñecido grupo de percusión Odaiko presenta o espectáculo Invención, unha mostra da evolución da música ao longo do tempo a través do humor e o virtuosismo. Será o venres 25 de novembro.
Comentarios