Evento
Festival fin de curso da Escola de Música Pepe Valiña
27/xuño/2018 a 27/xuño/2018
8:00 h a 10:00 h
11:13 27/06/18
O auditorio do pavillón de Baio acolle a partir das 20:00 horas o festival de fin de curso da Escola de Música Pepe Valiña.
Unha treintena de alumnas e alumnos da profesora Tatiana Pankrátova amosarán o traballo desenvolvido neste curso con obras de compositores clásicos (Bach, Beethoven, Chopin, Tchaikowsky,...) e non tan clásicos con temas de rock, jazz, boleros e tangos. Neste Festival estrearemos o "Colin" Yamaha de concerto que mercou a asociación coa axuda da Deputación de A Coruña. Rematará o festival coa actuación do Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña.