sábado. 15.03.2025
El tiempo

Evento

Fisterra Blues Experience

16/xuño/2018 a 16/xuño/2018
1:00 h a 6:00 h
Fisterra Blues Experience
Presentacion do Fisterra Blues Experience 2018 Presentacion do Fisterra Blues Experience no Castelo de San Carlos Volverá sentirse o blues por toda Fisterra, coa volta do Fisterra Blues Experience os días 15, 16 e 17 de xuño. Unha cita internacional, máis galega e femenina que nunca, na que a natureza, o patrimonio e a gastronomía se funde ca música de raíces. Este ano volverá haber obradoiros, cruceiros de blues, e jam sessions por toda a vila, achegando á fin da terra novos estilos emparentados co blues, como o swing, o soul ou o rhythm and blues (R&B). Esta edición foi presentada esta mañá de martes no Museo de San Carlos de Fisterra, coa presenza de Javier Turnes, director artístico do festival; Fernando Amado, representante de Mahou, compañía patrocinadora; Kuka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra; e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/851363331728226/?t=11" width="800" height="400" onlyvideo="1"]  

Corey Harris e Chris Kramer, cabezas de cartel

corey harris en Fisterra Unha das presenzas máis destacadas é a de Corey Harris, o guitarrista de Denver que está considerado como un dos bluesman máis influíntes da actualidade. Harris, que tamén é antropólogo, recuperou o blues do Delta e en colaborado con Wilco, Billy Bragg, B.B. King, Tracy Chapman e Woodie Guthrie, entre outros, e protagonizou un episodio dirixido por Martin Scorsese da miniserie documental “The Blues”. O blues europeo está tamén ben representado por Chris Kramer, un harmonicista alemán que incorpora o beatbox á súa aposta en formato trío. E a escena madrileña volve ter unha forte presenza: desde Edu BigHands, que se presenta en dúo co pianista vasco Paul San Martín; ata a Seydel Harp Attack; pasando por The Trashtoes e a Fisterra House Band, a banda residente do festival. Pola banda catalana chegan Wax & Boogie, que mesturan blues, R&B e boogie woogie. Ademais entre as 10 bandas presentes estarán os grupos galegos como The Lákazans, que veñen de presentar o seu terceiro disco, ‘Sandwina’, Carla Green & The Demons, e Os Bregadiers, unha banda de rúa que tira de recursos do swing e do soul.

Outras actividades

Alén dos concertos, tamén haberá jam sessions por toda a vila, obradoiros para toda a familia (un programa didáctico para nenos e nenas e outro de baile), ademais de viaxes en barco con música blues en directo e unha mesa redonda arredor da historia do blues.

PROGRAMA

 

VENRES 15 XUÑO

 

19.30 Pasarrúas Os Bregadiers

21.00 Wax & Boogie (Praza da Constitución)

22.30 Chris Kramer & Beatbox’n’blues (Praza da Constitución)

00.15 The Lákazans (Praza da Constitución)

01.30 Jam session (Boulevard Lounge)

 

SÁBADO 16 XUÑO

 

11.30 Pasarrúas Os Bregadiers

12.30 Blues a Bordo (porto)

12.45 Piano-Bar con Alejandro Vargas (Praza da Cerca)

13.00 Os Deteriorados (Paseo da Ribeira)

13.30 Edu BigHands & Paul San Martín (Museo da Pesca)

15.00 Fisterra House Band (Varadoiro)

16.00 Piano-Bar con Alejandro Vargas (Praza da Cerca)

17.00 Obradoiro de Baile (Explanada do peirao)

17.00 Blues na Escola (Praza do Concello)

18.00 Edu BigHands & Paul San Martín (Praia da Ribeira)

18.00 Blues a Bordo (porto)

19.00 Pasarrúas Os Bregadiers

19.00 Mesa redonda (Museo da Pesca)

19.00 The Trashtoes (Praza do Concello) *para nenos/as

19.45 Os Deteriorados (Paseo da Ribeira)

20.00 Piano-Bar con Alejandro Vargas (Praza da Cerca)

20.30 Corey Harris (Praza da Constitución)

22.00 Seydel Harp Attack (Praza da Constitución)

23.30 The Trashtoes (Praza da Constitución)

01.00 Jam session (Boulevard Lounge)

 

DOMINGO 17 XUÑO 

[todo no Semáforo de Fisterra – O Faro]

 

12.00 Obradoiro de papaventos

13.30 Carla Green & The Demons

15.00 Jam & food & blues

17.00 Exhibición de papaventos

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fisterra-subiuse-a-bordo-do-blues/

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios