![]()
A parroquia de Corcoesto homenaxea no día das Letras Galegas ás Mestras e Mestres da parroquia entre os anos 1882 e 1976, e en especial ao mestre Urbano Chans Velo, veciño da parroquia.
O sábado 19 de maio ás 16 horas no local social de Cures terá lugar unha mesa redonda organizada pola veciñanza para falar da memoria histórica e das súas vivenzas en relación a Urbano Chans Velo, Vicenta González Vizoso, Casilda Sendón Cardama, Carme Frade González, Celsa Álvarez Arcos, Beatriz, Chelo, Clarisa Miñones Santos, Ana María González Saavedra… etc.
Haberá un apartado específico para a lembranza do tamén veciño José Valledor Ochoa, impulsor do antigo cemiterio civil de Corcoesto e defensor dos dereitos das persoas disidentes da igrexa católica no ano 1928.
No acto procederase ao descubrimento de sendas placas conmemorativas ás persoas homenaxeadas.