Luns. 09.09.2024
El tiempo

Evento

Live in Cances

11/nov./2017 a 11/nov./2017
10:00 h a 6:00 h
Live in Cances
Versión Imposible, Phycophonia e Flying Knives, protagonistas neste Live in Cances 2017 Versión Imposible, Phycophonia e Flying Knives, protagonistas neste Live in Cances 2017

Sempre é unha gran festa do rock carballés o Festival Pop-Rock Live in Cances, organizado pola A.C. Sancampio. E non vai ser menos este 2017, coa XII edición desta cita que terá lugar este vindeiro venres 10 de novembro a partir das 22:00h, no Local Social de Cances e con entrada de balde.

Este será un ano con moitas novedades, debuts e presentacións no que poderemos escoitar o mellor pop-rock que soa na zona. Por exemplo, volven aos escenarios os míticos Versión Imposible, grupo carballés de versións dos anos 80, tras un pequeno paréntesis, nun concerto que servirá ademais para presentar á súa nova vocalista Jenni.

Outra das novidades será o debut de Flying Knives (antes Tomajauk), grupo de recente creación formado por Cris (voz), Míchel (baixo e sintes), Alejandro (guitarra), Nacho (guitarra) e Jose (batería). A banda lanzarán os seus “coitelos voantes” cun rock guitarreiro ben cañero.

Completan o festival Psychofonía, banda carballesa que colle o relefo dos míticos Lowcos. Suso Serrano (voz e guitarra) e Nacho Ferrero (guitarra), xunto con outro conocido da escena musical carballesa, Nanny Mouro (baixo e guitarra) e o batería pontecesán Alvaro Souto, deciden formar Psychofonia, para traernos unha nova idea que vai dende o rock máis clásico a outros sons máis modernos.

Máis novas musi-costeiras

Máis novas

Fonte

Comentarios