Evento
Magosto e Foliada en Baio
14/nov./2015 a 14/nov./2015
19:00 h a 19:00 h
20:38 11/11/15
Terá lugar o próximo sábado, 14 de novembro, a partir das 19 horas nas escolas Agra Regueiro
Baio, 11 de novembro de 2015. – A Asociación Cultural Adro, en colaboración coa Asociación de Veciños Tabeirón e o concello de Zas, ten todo preparado para celebrar o vindeiro sábado un magosto que terá lugar nas escolas Agra de Regueiro, tamén coñecidas como “as escolas vellas” onde se instalará unha carpa.
O magosto comeza a partir das sete da tarde con actividades máis pequenos. A primeira delas, é un obradoiro de decoración de cabazas para o que é necesario que cada un traia a súa propia cabaza. A continuación, os nenos e nenas participarán nun obradoiro de cociña infantil para realizar receitas típicas desta época. Estas actividades estarán organizadas por un grupo de colaboradores de Adro que se encargarán tamén de monitorizar xogos tradicionais.
A partir das nove da noite os participantes comezarán a degustar as castañas, que serán de balde para todos.