Evento
Mamá Cabra en Ponteceso
22/xuño/2018 a 22/xuño/2018
6:00 h a 8:00 h
21:58 19/06/18
Tras o éxito das Aventuras de Quebranoces, a área de Normalización Lingüística de Ponteceso - dirixida por Carlos Penedo - xa ten programada unha nova actividade musical para os máis pequenos da man do programa Apego. Nesta ocasión, os protagonistas serán Gloria Mosquera e Diego Maceiras, integrantes do grupo musical infantil Mamá Cabra, e o seu divertidísimo espectáculo Contos para o Mundo, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade e as súas familias. A cita será ás 18:00 horas na biblioteca municipal.
A música e as cancións serán o fío condutor dunhas historias adaptadas ao público infantil que falan sobre temas tan actuais e diversos como o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir “non” ou o medo. Ademais de entreter e divertir aos máis
pequenos, o espectáculo pretender afondar en valores tan importantes na educación como a empatía, a prudencia, a superación persoal ou a cooperación e a responsabilidade como mecanismos de paz e felicidade. Unha excelente oportunidade
para arrincar sorrisos e espertar conciencias dende as idades máis temperás. Non faltedes. É de balde!