Evento
Menú da Fala en Carballo
Achéganse citas na Costa da Morte no marco da programación do DAC Outono Cultural da Deputación. 3 interesantísimas obras pasarán polos auditorios de Carballo, Cee, Muros e Santa Comba, para deleite de escolares, e tamén de maiores.
Moi didácticas son as obras “Conto de Barriga verde”, que versa sobre Manuel María, e “Retrincos de Castelao”, ambos con Fran Rei á fronte.
Pero seguramente as máis esperadas sexan as visitas de dous grandes do panorama galego, que traerán a terras costeiras o seu espectáculo etnográfico-humorístico. Carlos Blanco á fala e Luís Davila ao papel (ou á tablet) debuxarán unha reflexión sobre a realidade máis galega.
O vindeiro 25 de novembro, ás 21:30h, chega o “Menú da Fala” á Casa da Cultura de Vimianzo. Non paran de chamar ao Concello, pero non hai xeito de reservar entrada pois é entrada libre ata completar aforo, así que haberá que estar previsores e chegar pronto.
O Menú da Fala chegará tamén o 16 de decembro ao Pazo da Cultura de Carballo (ás 21:00h) e o 17 á Casa da Cultura de Cee (20:15h).