luns. 11.11.2024
El tiempo

Evento

Mercado Medieval de Corcubión

21/xul./2018 a 21/xul./2018
12:00 h a 6:00 h
Mercado Medieval de Corcubión
Cumple 18 anos o Mercado Medieval Costa da Morte. E que mellor que festexalo apostando polo seu gran elemento diferenciador, “o pilar básico, o feito histórico sobre o que se montou todo”, como nos conta José Piñeiro sobre o Desembarco, presidente do comité organizador que leva xa 8 anos á fronte desta singular festa. Este 2018 hai moitas novidades no Mercado, despois de varios anos nos que o nivel de participación baixou lixeiramente. Pero coa nova empresa que xestiona o mercado (Rivendel) e o novo patrocinador (Estrella Galicia, facendo un guiño aos hostaleiros da vila que levaban pedindo remar na mesma dirección), a organización pensa que este podemos estar ante a “mellor programación dos 18 anos de historia do Mercado. Vai ser espectacular. Este ano vai ser o culmen de tantos anos traballando”, comenta Piñeiro. Os puntos fortes desenvolveranse na praia de Quenxe (non coinciden ben as mareas para facelo no areal do centro da vila), o venres co Desembarco, e o sábado co Torneo Medieval, que aínda se podería repetir o domingo.

Aposta por un Desembarco do pobo

Desembarco no Mercado Medieval de Corcubion 2018 Pero a singularidade do Desembarco deste ano é que vai participar o pobo de Corcubión. Hai dous anos xa houbo Desembarco, pero algo máis descafeinado, pero non como aquel de 2010 incrible no que o pobo ao completo se volcou na representación. Cómpre sinalar que o Desembarco si contará este ano co apoio da Deputación, que aposta por darlle importancia ao feito histórico do Desembarco das tropas do Arzobispo Rodrigo de Luna en Corcubión no ano 1457. Así, a organización invita a toda a xente que queira participar como parte da representación, tanto de pobo como de soldados, a unha reunión este sábado 7 de xullo ás 8 da tarde na Capela do Pilar de Corcubión.

Moito máis

Ademais, a cita contará cos postos de artesanía e gastronomía típicos, cunha marea de actuacións musicais, tanto de rúa como de palco, exposición e espectáculos de cetraría, talleres de artesanía e oficios, ademais de darlle máis cabida ao rincón infantil. programacion-mercado-medieval-corcubion-20180

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios