Evento
Mostra de Olería de Buño
20/xul./2018 a 20/xul./2018
7:00 h a 6:00 h
08:35 20/07/18
Esta tarde quedará inaugurada a XXXV Mostra da Olería de Buño que este ano chega cunha nova ubicación das casetas. O parque Luciano García Alén é o lugar elixido para a inauguración oficial do evento que será esta tarde a partir das 17:30 horas. Primeiros será o turno da A. C. Raigañas que ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicional. A continuación, será o acto oficial de inauguración ao que asistirán Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio e Consumo; Manuel Muíño Espasandín, deputado provincial e alcalde de Zas, en representación da Deputación da Coruña; Alfredo L. García Rodríguez, presidente da Fegamp; José Manuel López Varela, alcalde de A Laracha; e Elena Fabeiro Castro, xerente da Fundación do Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A continuación será a visita ás casetas de venta – que estarán ubicadase na rúa Santa Catalina de Buño e logo visitarase a exposición dos Oleiros de Buño no Eco-museo do Forno do Forte.
E xa pola noite, a partir das 22:30 horas, haberá unha festa tipo “Guateque anos 80” co dj M. Caamagno.
Cocedura
O sábado continúa a actividade en Buño coa tradicional “Cocedura” e coas casetas abertas. A carga do forno farase entre as 11:00 e as 14:00 horas e a cocedura realizarase de 17:00 a 20:00 horas. Duante todo o día haberá un tren turístico percorrendo a vila e pola noite volve a música cun concerto de A. Arrancandeira a partir das 22:30 horas.
Xa o domingo pola mañá realizarase a descarga do forno e unha sesión vermú con Terbutalina. Pola tarde (19:00 horas) acturarán os grupos da A. C. Carcaxía.
Novas relacionadas
Fonte