Evento
Mostra de Olería de Buño
05/ago./2016 a 15/ago./2016
17:00 h a 00:00 h
09:56 25/07/16
Luciano Garcia Alen nunha exposición da Xunta sobre os Oleiros de Buño-Foto-Radio Obradoiro
Un ano máis, chega a Mostra de Olería de Buño, xa na súa 33ª edición. Do 5 ao 15 de agosto, a vila oleira recibirá a milleiros de visitantes, dando conta do viva que está esta artensaía centenaria.
Ademais dos postos de venda e das demostracións en vivo, ste ano haberá ademais varias novidades, como a presencia do Tren Turístico, a creación de varios concertos, a presentacion do libro "Os Bolechas van á Mostra da Olería" e a sentida homenaxe a Luciano García Alén, ese médico investigador que tanto fixo pola olería con libros como A olería tradicional de Gundivós. As formas, A olería da Terra Chá. As formas e a cultura da olería tradicional, ademais do conto para nenos, O castelo da Rocha Vella. A mostra contará coa presenza da súa familia.
Actividades permanentes
No Parque Luciano García Alén: - Casetas de venta (Tódolos días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.).- Exhibicións de cestería tradicional, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h. No Ecomuseo do Forno do Forte, Forno Novo. Tódolos días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.: - Exhibicións dun oleiro no torno, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h. - Obradoiro de barro para nenos, todos os días de 11.30 h. a 13.30 h. 17:30 h. a 20:30 h. - Exposición dos/as Oleiros/as de Buño, todos os días de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.Programa de Actividades Paralelas
Venres 5 de agosto de 2016 Inauguración (Parque Luciano García Alén). - 17.30 h. Actuación de Música e Danza Tradicional a cargo da A.C. Raigañas. - 18.00 h. Acto oficial de inauguración. - 18.30 h. Ofrenda floral ao Doutor Luciano García Alén. - 18.45 h. Visita ás dependencias da Mostra da Olería. Sábado 6 de agosto de 2016: Tren Turístico MALPICA – Buño. - Saída de Malpica 11.00 h. (Bar Panchito). - Saída de Buño 14.00 h. (Parque Luciano García Alén). - Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 12.00 h. regreso as 13.30 h. - Tarde: Saída de Malpica 18.00 h. (Bar Panchito). - Saída de Buño 21.00 h. (Parque Luciano García Alén). - Tren Circular Ruta da Olería. Saída do parque Luciano García Alén ás 19.00 h. regreso as 21.30 h. Cocedura tradicional no Forno do Forte: - 11.00 h. Carga do forno (Ecomuseo Forno do Forte). - 11.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén). - 16.00 h. Prendido do forno (Ecomuseo Forno do Forte). - 17.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén). A partir das 22.00 h. Gran Queimada Tradicional no Parque Luciano García Alén. (Parque Luciano García Alén). 23.30 h. Concerto do grupo: Os Rebenidos. (Parque Luciano García Alén). Domingo 7 de agosto de 2016 Tren Turístico MALPICA – - Buño 11.00 h. Descarga do forno (Ecomuseo Forno do Forte). 19.00 h. Exbición de Canto e Danza Tradiconal da A. C. Carcaxía. (Parque Luciano García Alén). Luns 8 de agosto de 2016 19.00 h. Concerto de Alberto Knox (Folk americano, countruy e Blues) (Parque Luciano García Alén). Martes 9 de agosto de 2016 Os Bolechas visitan a Mostra da Olería - 11.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén). - 17.00 h. Presentación da Publicación Os Bolechas visitan á Mostra da Olería (Parque Luciano García Alén). - 17.30 h. Pasarrúas cos Bolechas Corpóreos. (Parque Luciano García Alén). - 17.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén). Mércores 10 de agosto de 2016 11.00 h. Visita do Campamento urbán Infantil ó Ecomuseo “Forno do Forte”. 11.30 h. Visita do Campamento urbán Infantil á Mostra da Olería de Buño. Ás 19.00 h. Actuación dos Monifates (Zanfoña, cucharas, gaitas e monicreques) (Parque Luciano García Alén). Xoves 11 de agosto de 2016. O Día do Neno 11.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén). 17.00 h. Xogos tradicionais (Parque Luciano García Alén). 17.30 h. Roteiro fotográfico. (Saída dende o Parque Luciano García Alén). 19.00 h. Cé Orquestra (Parque Luciano García Alén). Venres, 12 de agosto de 2016 A Partir das 12.00 h. Mostra doutras artesanías soplado de vidro (Parque Luciano García Alén). 17:30 h. Concurso de modelado en barro para nenos/as con premios (Ecomuseo Forno do Forte). A partir das 17.00 h. e ata as 21.00 h. Os Magos Dani e Rafa representarán o espectáculo El Baúl del Mago. Pases cada 10 minutos (Parque Luciano García Alén). Sábado 13 de agosto de 2016 Tren Turístico MALPICA – Buño A partir das 11.30 h. Pasarrúas de gaiteiros (Parque Luciano García Alén). 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional a cargo da Agrupación Folclórica ATURUXO. (Parque Luciano García Alén). Ás 23.30 H. Concerto do grupo Aula 11 (Parque Luciano García Alén). Domingo 14 de agosto de 2016 Tren Turístico MALPICA – Buño A partir das 11.30 h. Pasarrúas de gaiteiros. (Parque Luciano García Alén). 18:00 h. Trofeo Mostra Olería de Fútbol (Campo Fútbol de Xaviña - Buño) 21.00 h. Entrega de trofeos do Trofeo Mostra da Olería de Fútbol. (Campo Fútbol de Xaviña - Buño) Ás 19.00 h. Actuación de Cantata Vernácula (Zanfoña,e acordeón). (Parque Luciano García Alén). Luns 15 de agosto de 2016: Xornada de Clausura Tren Turístico MALPICA – - Buño 19.00 h. Actuación do grupo Habelas Hainas (Grupo de gaiteiras) (Parque Luciano García Alén). 20.00 h. Acto de clausura da XXXIII Mostra da Olería de Buño (Parque Luciano García Alén).Novas relacionadas
- A Deputación destaca o potencial económico e turístico da olería de Buño.
- Diplomas, merenda e unha exposición despediron o Pequeoleiros
- O Pequeoleiros chega á súa fin
- Os escolares de Buño toman contacto coa olería
- A deputación cede ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño
- Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño
- Buño recuperará o Forno da Costa.
- Os Oleiros de Buño, no Congreso Internacional de Turismo de Ferrol.
- Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
- A Mostra da Olería de Buño quere voltar ao Centro Comarcal.
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- Un oleiro en perigo de extinción.
Últimas Mostras
- 2013: Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra.
- 2012: O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica