Evento
Musical en Muros
04/mar./2017 a 04/mar./2017
6:00 h a 8:00 h
Centro Cultural
14:27 01/03/17
O MUSICAL DIRIXIDO A PÚBLICO FAMILIAR “O MAGO DE OZ”, SÁBADO 4, ÁS 18:00 H, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS
‘O Mago de Oz’ chega este sábado a Muros
As familias de Muros poderán gozar durante unha hora do clásico conto de O Mago de Oz, na versión de musical creada pola compañía Avento.
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle o sábado, 4 de marzo, ás 18:00 horas, o musical ‘O Mago de Oz’. Inscrito na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Dorothy é unha nena normal, aínda que demasiado racional para a súa idade, non cre na maxia, nin nos soños, pero un día buscando ao seu cadeliño, un tornado lévaa a un lugar de ensoños, O Máxico mundo de Oz. Pouco a pouco irá descubrindo que ela tamén cré en Meigas, Fadas e Magos, e farase amiga de personaxes máxicos e divertidos como Espantallo, Homelata e o León, ademais tamén dos habitantes de Oz os Munsckings, e tamén da Bruxa Glinda. No seu camiño por atopar ao Mago de Oz e volver a casa, pasáranlles cousas insólitas aos nosos amigos. O Mago de Oz é un Musical familiar, con cancións, bailes e aventuras para toda a familia.
O elenco está formado por Rocío Salgado, como Dorothy, Martín Maez, Jonathán Caramés, Marcos Alonso, Fernanda Barrio e Merchy Lago.
Avento é unha compañía galega fundada no ano 1985, referente do teatro independente galego. Actualmente con Xoán Abreu como director de escena, licenciado na ESAD de Galicia, están centrados nos musicais infantís.
As entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural de Muros.