martes. 17.06.2025
El tiempo

Evento

Novembro de Música en Cee

05/nov./2016 a 05/nov./2016
20:15 h a 20:15 h
Novembro de Música en Cee
  novembro mes da musica cee 2016 A música será a principal protagonista das actividades culturais que ten programadas o concello de Cee para o vindeiro mes de novembro. Así todos os sábados do mes pasarán pola casa da Cultura da vila distintos estilos musicais; dende música tradicional ata tango, pasando pola música “negra” de grandes clásicos como Aretha Franklin ou a banda. Ademáis da música, tamén se darán cita xornadas e exposicións como as XVI xornadas micolóxicas da Costa da Morte, o XIV certame de Artes Pláscticas Isaac Diaz Pardo ou a exposición sobre o 50 aniversario da asociación provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de A Coruña. As entradas son gratuítas ou de 2,5€ para o público xeral e 1,5€ entradas bonificadas, dependendo da actuación. Faltriqueira, o sábado 5 faltriqueira debuxo Este PROXECTO VOCAL AUTÓNOMO xurde das fontes da música tradicional. Fusión da polifonía coa percusión e os instrumentos acústicos. Influencias musicais de todo tipo e calquera lugar.  O espectáculo que Faltriqueira ofrece en directo resume a traxectoria dun grupo con mais de 15 anos pisando os escenarios. A complicidade e paixón son os ingredientes fundamentais para continuar xirando. Na sua discografía comezan recompilando un primeiro repertorio, homónimo, inspirado na tradición e canción de autor. No segundo traballo, de consolidación, abren o abano e son latitudes mais lonxanas as que se mesturan co seu facer mais persoal, acuñando así o efffecto faltriqueira. Nunha segunda etapa creativa, presentan The Pockettes, un formato especial con catro cancións, coa significativa novidade de tratarse de temas anglosaxóns, interpretados en inglés e a cappella. Dúas versións de clásicos de The Beatles e outras dúas versións de clásicos do Jazz Popular e Vodevil Estadounidense. E máis recentemente e coincidindo co alumeamento dos faltriqueiriños, se autoagasallan a publicación de catro novos temas que reflexan a orixe que as une, Pontedeume. Foron moitos os escenarios compartidos e continúa rechamante a ilusión por entonar, divertimento enriba e abaixo da tarima. Derribar fronteiras e tendencias, achegar sensibilidades, empregar a cultura coma ponte para á comunicación. A banda:  Ana Leira, María López, Carolina Rodriguez nas voces e percusións lixeiras. Reynier Aldana na guitarra e Jorge Juncal no  acordeón. Novas relacionadas   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Cee
Comentarios