Evento
O Encaixe no Camiño
Interesante xornadas as que organiza a Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas esta fin de semana do 15, 16 e 17 de setembro. “O Encaixe no Camiño”, pretende convertirse nun referente para recuperar como foi a chegada da tradición palilleira ao pobo, así como a unión con Santiago mediante o seu particular tramo do Camiño.
Así, durante 3 días a vila conserveira vestirase de medieval, e terá un programa completísimo con rutas gastro-medieval polos bares. recreacións históricas teatrais, citas para os peques, música…
Programa
O vnres 15, despois da presentación, e durante toda a tarde e noite, haberá un fermoso ambiente festivo medieval e tapas medievais nos locais de hostelería.
Xa o sábado inaugúranse as citas históricas e ás 11:00h haberá que achegarse ata Cereixo para viaxar no tempo e facer a Recreación do desembarco do rei Alfonso IX no porto, tamén coa camiñada ata Cereixo con parada en Xaviña e Ponte de Porto. (para esta actividade, para que haberá bus de volta a Camariñas, cómpre inscribirse en [email protected] ou nos teléfonos 674 4 12 24 / 662 48 82 53).
Pola tarde, de 16:00h a 20:00h será tempo para os peques con xogos populares. E xa ás 21:00h, concerto de Samarúas na praza do mercado, aderezada polas tapas medievais dos bares.
O domingo será o momento (ás 11:00h) para aRecreación da lenda do desembarco da persoa que ensinou a palillar. Acto seguido, desfile de moda do encaixe de Camariñas ata o día de hoxe, desfile infantil e palillada polos nenos da Escola de Palillo. Actuación de Laura Sánchez. E a tarde volverá ser para os nenos, rematando a fin de semana a golpe de tapas.
Novas relacionadas
- Mostra 2017: Fieis ao encaixe.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).