venres. 07.02.2025
El tiempo

Evento

O mago Benxamín en Muros

13/out./2018 a 13/out./2018
6:00 h a 8:00 h
O mago Benxamín en Muros
O auditorio do centro cultural e xuvenil de Muros, acolle o sábado 13 de outubro ás 18:00 horas un espectáculo de maxia a cargo do Mago Benxamín. “A toda Maxia” é unha actividade dirixida a todos os públicos e que está incluída no programa Rede cultural da Deputación da Coruña 2018. Éste é un espectáculo envolvente e interdisciplinario, onde a maxia está en perfecta sintonía coa comedia e a música. Inclúe Maxia de escena: panos, bastóns. cordas, etc. Maxia de salón (coa participación interactiva da rapazada): debuxos que voan, viaxes imaxinarios, maxia nas  mans dos  propios espectadores, cartas con ledicia… Grandes ilusións: escapismos, aparicións, desaparicións, mentalismo… Barallado todo elo con grandes doses de humor, fan deste un espectáculo sorprendente e dinámico, sinxelamente espectacular. O Mago Benxamín leva máis de 25 anos no mundo da maxia profesional, ao longo dos cales foi visitando case todas as parroquias do municipio de Muros, agora chega ao centro cultural de Muros co seu excelente traballo. Autodidacta e criador de números orixinais e únicos, tanto para os seus espectáculos, como para os de outros magos. Tamén foi un dos deseñadores do programa Galicia Máxica e interviu en varios programas de TVG como Luar, Super Martes, Pasarela de Estrelas, Toda unha Vida, Especiais de Nadal e Noitevella. En TVE foi asesor de maxia para Veo-Veo e participou na serie "Noite Embruxada". Actuou en recoñecidos congresos e festivais de maxia: Gijón, Santander, Tolosa, Victoria… así como nos de Galicia de Ourense, Compostela Máxica, A Coruña, Lugo Máxico, Festival de Ferrol, Galas de Nadal Máxico, etc. A alcaldesa de Muros, María Xosé As entradas xa están a venda e o seu prezo é de 2,50 €.
Comentarios