Evento
O Mes da Fundación
07/out./2017 a 07/out./2017
8:30 h a 6:00 h
Casa da Cultura
14:38 22/09/17
Outubro é tempo de actividade cultural nas fundacións da bisbarra. Coñecendo xa o programa do Simposio Pondaliano, polo sur, a Fundación Fernando Blanco presenta xa o ambicioso Programa Educativo-Cultura “O mes da Fundación”, que xa vai pola 5ª edición. I é que Outubro é un mes especial para a nosa entidade, pois en outubro de 1796 naceu D. Fernando Blanco de Lema, e en outubro de 1886 inaugurouse o Instituto Fernando Blanco.
Como sempre será un dobre programa paralelo de actividades para os colexios do noso concello e para o público en xeral. O programa para o público en xeral desenvolverase os 4 sábados do vindeiro mes de outubro.
Nas catro edicións anteriores pasaron polo noso programa figuras de primeiro nivel, xa non só a nivel autonómico ou nacional, senón tamén a nivel internacional (Ángel Carracedo, Xosé Neira Vilas, Francisco Blanco, Alfonso Mariño, Xabier Díaz, Davide Salvado, Quco Cadaval, Cándido Pazó, etc).
Este ano pasarán polr Cee xentes como a científica María Mercedes Álvares Lires, o artista Anxo Pintos, o biólogo Carlos Spuch ou a Compañía de Teatro Butacazero. As citas serán as 20:30'h na Casa da Cultura de Cee.
Novas relacionadas
- O XIX Simposio Pondaliano encherá de cultura os martes de outubro a aldea do Couto.
- Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco
Gañadores dos Premios Fernando Blanco
- Os Relatos da Fundación: Renacer.
- Os Relatos da Fundación: Quero ser mariñeiro.
- Os Relatos da Fundación: O Corazón do Mar.
- Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: Explorando a Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: A perdición galega.
- Os Debuxos da Fundación (II).
- Os Debuxos da Fundación.
- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).