"Descubrimento da disciplina positiva" é o título do obradoiro que terá lugar mañá en Ponteceso. A actividade está organizada polo departamento de Normalización Lingüística do concello que coordina Carlos Penedo e está dirixido a pais e nais de nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.
O obradoiro, que terá lugar ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, será impartido por Raquel Bello, psicóloga e guía especializada en disciplina positiva do Espacio Oikos. Ademais, para un maior aproveitamento do curso, as familias participantes disporán dun servizo de atención para os/as cativos a cargo dun monitor de tempo libre.
Esta actividade permitirá ás familias participantes descubrir todos os recursos e ferramentas ao seu alcance para entender o comportamento dos seus fillos/as e reconducilo, se fose necesario, dunha maneira positiva, con afecto e respecto, e sen
loitas de poder. Unha excelente oportunidade para aprender a educar con firmeza e cariño evitando gritos e castigos.
Fonte