Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Evento

Os Bolechas en Baio

28/out./2017 a 28/out./2017
6:30 h a 6:00 h
Os Bolechas en Baio
Santa Comba é o próximos destino dos Bolechas; os personaxes animados máis famosos da comunidade. Nesta ocasión veñen cunha nova proposta de lecer en galego “Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas”, que se inclúe no catálogo de actividades de dinamización lingüística que a secretaría xeral de Política Lingüística programa en exclusiva para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia no marco do “FalaRedes 2017”. A seguinte parada será no centro sociocultural de Baio (Zas) o sábado 28 de outubro ás 18:30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. Os Bolechas, no Camiño de Santiago A actividade leva por nome “De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zas”. Na mesma, Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas. Como é marca da casa, nesta proposta dos Bolechas para ‘FalaRedes’ a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que se amplía e ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.
Comentarios