Evento
Outono Rebuldeiro de Vimianzo
22/out./2017 a 22/out./2017
6:30 h a 6:00 h
Casa da Cultura
10:25 06/10/17
O vindeiro domingo, día 8, arranca na casa da Cultura de Vimianzo o programa cultural argallado infantil pola concellería de Cultura no que os protagonistas serán os máis pequenos e que leva por título “Outono Rebuldeiro”. As catro sesións que compoñen esta programación serán de balde e todas á mesma hora, ás 18:30 horas.
Paco Cerdeiras será o encargado de que este domingo se poña en marcha o programa cultural infantil co seu espectáculo musical “As parábolas de Pakolas”. A seguinte cita será o 22 de outubro cunha nova versión do conto “Tres porquiños e o lobo feroz” que correrá a cargo do Teatro del Andamio que tamén se encargará da función do 5 de novembro coa historia “O sal do mar”. A programación para os máis pequenos remata o 19 de novembro coa obra “Animais de compañía” interpretada por Teatro do Noroeste.
Como vén sendo habitual, este programa infantil mistúrase coa programación cultural para adultos na que referentes do teatro galego énchen de actividade a casa da Cultura vimiancesa nas noites dos sábados.