Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Evento

Praza dos Libros de Carballo

05/xul./2018 a 05/xul./2018
11:00 h a 6:00 h
Praza dos Libros de Carballo
Programa_Praza-dos-Libros_Carballo_2018 1 copia Do xoves 5 ao domingo 8 de xullo, o Xardín Municipa de Carballo convertirase nunha auténtica Feira de Creatividade Cultural. A Praza dos Libros volve convertir a vila bergantiñá na capital literaria de Galicia.

Ademais do 10% en desconto na compra dos libros, haberá un pouco de todo. Concertos infantís d@s músic@s favoritas da rapazada, como Pablo Díaz, Pakolas, Mamá Cabra ou Paco Nogueiras. Presentacións e sinaturas de libros cos autores e coas autoras máis relevantes do momento, como Pedro Feijoo, Rosalía F. Rial, Manuel Rivas, Enma Pedreira, Xan Fraga, Eli Ríos, Mercedes Queixas, Héctor Pose, Anaír Rodríguez, Miro Villar, Beatriz Fraga...

Catro días de imaxinación, creatividade, animación, contacontos, música, libros, presentacións, lingua, premios (máis de 500 premios, si, 500!, como camisolas, libros, chapas, chaveiros, discos...) e moitas outras propostas que encherán de ilusión Carballo. Unha feira da creatividade cultural que se abrirá co pregón da cantora de raíces carballesas Ses e que procura achegarlle á cidadanía a creación galega e propostas frescas do ámbito literario, musical e, en definitiva, artístico.

E, ademais, o xoves pola mañá daremos a lata (de atún Calvo) e o domingo, con cada libro, un pan! Todo isto fundido estes dous días coa feira tradicional de Carballo... Unha festa de ideas!

Programa_Praza-dos-Libros_Carballo_2018 2 Programa_Praza-dos-Libros_Carballo_2018 2
Comentarios