Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Evento

Presentacion dun libro de naufraxios no Vilán

04/xuño/2016 a 04/xuño/2016
18:00 h a 18:00 h
Presentacion dun libro de naufraxios no Vilán
Libro naufraxios Fernando Patricio Cortizo O sábado 4 de xuño ás 18h terá lugar na sala de exposicións do faro Vilán a presentación do libro “Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”, de Fernando Patricio Cortizo na que recompila 1200 naufraxios que aconteceron na costa galega ata 1899, dos cales 396 publícanse por primeira vez neste libro. Fernando Patricio Cortizo naceu na Coruña o 24 de abril de 1972, é un historiador galego, técnico especialista en cultivos mariños, historiador naval e investigador de naufraxios. Ten participado en numerosas publicacións, conferencias, e en diversos medios de comunicación, especialmente no referido á historia dos naufraxios marítimos na costa galega. É autor de varias obras como:
  • Manual do alumno de mergullo con tubo, 1999, Edicións Lea.
  • Historia da Costa galega e dos seus naufraxios S. I - S. XIX, 2000, Edicións Lea.
  • Historia da Costa galega e os seus naufraxios S. XX, 2004, Xerais.
  • De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam, 2014, con Xabier Maceiras, Edicións Embora.
  • La tragedia gallega del Prestige, 2005, Fene.
Comentarios