venres. 07.02.2025
El tiempo

Evento

Presentacion dun libro en Laxe

26/out./2018 a 26/out./2018
8:00 h a 6:00 h
Museo do Mar
Presentacion dun libro en Laxe
A toponimia é unha das mellores obras culturais dos nosos pobos. A súa existencia, creación e evolución vese participada por toda a sociedade e precisamente por iso é de valorar o traballo de recopilación e investigación que conleva o seu estudo. Con esta premisa, comprácenos informar que Xosé Vázquez Labandeira, veciño do Concello de Laxe, presenta o seu libro “Toponimia do Concello de Laxe”. Será no Museo do Mar, o venres 26 de outubro ás 8 da tarde. O acto ten entrada libre, e forma parte do programa de actividades de outono #reLAXEse. PRESENTACIÓN DO LIBRO “TOPONIMIA DO CONCELLO DE LAXE” Museo do Mar, venres 26 de outubro, 20.00 h.
Comentarios