mércores. 12.02.2025
El tiempo

Evento

Presentación dun libro en Vimianzo

16/out./2018 a 16/out./2018
8:30 h a 6:00 h
Casa da Cultura
Presentación dun libro en Vimianzo
A presentación do libro "Perfecto López, un vimiancés na Galiza ideal" da autoría de Xosé Mª Rei, o martes 16 de outubro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo. Acompañan ao autor Manuel Antelo, Alcalde de Vimianzo, e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia. Perfecto López, o Tato da Valiña. Veciño de Vimianzo, mecenas de Castelao, un personaxe importante no galeguismo e na loita antifranquista desde a Arxentina. Naceu na Valiña (Vimianzo) en 1904 e, con 18 anos, marchou a Bos Aires. Alí conseguiu unha gran fortuna, a base de traballo e esforzo, e púxoa a favor da causa de Galiza e da República. Nunca esqueceu Vimianzo, a onde regresou en moitas ocasións, e sempre apoiou a nosa xente, aquí e aló.
Comentarios