xoves. 13.02.2025
El tiempo

Evento

Proxección de Noetiña en Corcubión

19/out./2018 a 19/out./2018
8:00 h a 6:00 h
Proxección de Noetiña en Corcubión
Este venres, 19 de outubro, ás 20.00 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión a proxección da documental, "Noetiña, As mulleres e o mar na Costa da Morte". Filmada entre Corcubión e Fisterra, ten como protagonista a Jenifer Suárez Silva, mariñeira do Noeta que quere ser patroa do barco pesqueiro familiar Noeta e continuar así coa saga familiar, primeiro o seu avó Manuel, o seu pai Urbano e agora ela. Conta co apoio da familia pero coa maternidade xurden dúbidas.Con este proxecto amósase como o xénero inflúe na particpación das mulleres nas actividades pesqueiras e como repercute na súa vida familiar.

Máis información

https://quepasanacosta.gal/o-documental-noetina-remata-a-sua-rodaxe/
Comentarios