Evento
Recital de Manolín
27/out./2017 a 27/out./2017
8:15 h a 6:00 h
Casa da Cultura
17:00 20/10/17
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155623121727177/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Volve ser o Manolín de sempre. Tras dous anos máis relaxado do habitual, a Manolín de Oliveira nótaselle que está contento, que está activo. A súa volta aos banquiños do Fútbol da Costa e ás ondas da radiONeria e Radio Roncudo fanlle revivir unha segunda (ou cuarta?) xuventude.
Todo o día ocupado de novo, sumerxido nos seus papeis, Manolín volve aos escenarios con, a falta de un, tres recitais poéticos. E dos que lle gustan a el, cos seus autores favoritos. A Aula de conferencias da Casa da Cultura de Cee acolle o ciclo “Sentimentos”, 3 recitais nos 3 venres (27 de outubro, e 3 de novembro) ás 20:15h.
Media hora de poemas de autores como Mario Benedetti, Aute, Neruda, Juan Ramón Giménez; Sinatra, Cernuda, Antonio Gala; Facundo Cabral, Pucho Boedo ou a propia Rosalía.
Faino uns meses despois da fermosa homenaxe que lle brindou a Rosalía o pasado mes de febreiro.
Manolín en primeira persoa
Manolín na poesía
- Maio 17: Manolín volve en clave de poesía ás ondas da radiONeria.
- Febreiro 2017: Manolín brindou cun domingo de emoción por Rosalía.
- 2013: Viki Rivadulla e Manolín demostraron a arte que ten a Costa da Morte.
- 2011: Manolín presenta o seu novo libro de poemas en Corcubión.
- 2011: Un derroche de emoción no Recital de Manolín.
Manolín no Fútbol
- Agosto 17: Manolín volve aos banquiños.
- Xullo 16: Homenaxe a Manolín, Historia viva do Fútbol da Costa.
- Setembro 15: Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Conversas co Mito
- Presentación: A importancia de ser Manolín. Conversas co mito.
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: Manolín: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa fixera eu”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).