Evento
RíXallas
Manuel Manquiña estrea este venres o 3º Ciclo RiXallas, que organiza o departamento de cultura do Concello de Santa Comba durante este mes de outubro.. Un ciclo que cada ano trae á capital xallaira aos mellores contadores de risas do noso país.
Como dicimos, o gran Manquiña abrirá este vindeiro venres 6 de outubro a lista de monólogos. Con máis de trinta películas no seu currículo, ademais da súa experiencia no teatro e na televisión,na actualidade presentando o espazo da TVG “O Gato con Botas”, Manuel Manquiña é tamén un dos monologuistas con máis sona de Galicia. O venres ás 10 da noite protagonizará a primeira velada do ciclo xalleiro que se desenvolve no auditorio do multiusos. A entrada é de balde.
A seguinte función será o venres 13 de outubro a cargo de Carlos Blanco, para rematar o venres 20 de outubro co espectáculo “Falar sen cancelas” representado por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).