Evento
Romaría de Inverno do San Fins do Castro
14/nov./2018 a 14/nov./2018
10:00 h a 6:00 h
11:11 08/11/18
A Romaría de Inverno do San Fins do Castro darase na mañá do mércores 14 de novembro. Haberá todo o que se pode imaxinar dunha romería para toda a familia, co protagonismo do singular centenario Berro Seco.
Os alumnos de infantil e do primeiro ciclo de primaria do concello achegaránse con esta actividade ás romarías tradicionais galegas. Coma na festa do patrón de Cabana, non faltarán os foguetes, o repique de campás e o berro seco. Ao celebrarse polo San Martiño os máis pequenos contarán tamén con xogos populares da Cooperativa Miudiño e magosto cun castañeiro amenizado coa música de Cé Orquestra Pantasma.