Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Evento

Ruta arqueolóxica en Zas

31/xul./2018 a 31/xul./2018
3:30 h a 8:00 h
Ruta arqueolóxica en Zas
Os participantes – acompañados dun guía – percorrerán varios puntos do municipio de Zas que agochan distintos xacementos arqueolóxicos. A primeira parada será Pedra Vixía, onde se atopan os restos do dolmen da Pedra da Moura. Logo un autobús desprazará aos participantes ata a parroquia de Muíño, onde se atopa a Arca da Piosa; un dos monumentos megalíticos de maior recoñecemento de toda Galicia e que inspirou a Eduardo Pondal quen viu nesta anta a tumba de Brandomil, un dos seus míticos guerreiros celtas da antiga Galicia. Unha vez visitado o monumento megalítico e despois de coñecer parte da súa historia, os visitantes desprazaranse novamente en bus ata Brandomil para coñecer máis polo miúdo a ponte, o castro e os restos romanos que se atopan nesta vila. A saída será ás 15:30 horas dende o Centro Sociocultural de Zas e aconséllase levar calzado axeitado xa que se realizarán pequenas camiñatas. Para participar en calquera das dúas rutas, é necesario anotarse previamente a través dos números de teléfono 981 718 056 ou 981 751 398 ou no centro sociocultural de Baio ou no de Zas. A inscrición é gratuíta.
Comentarios