Evento
Ruta nocturna e observación astronómica con Jorge Mira
01/ago./2018 a 01/ago./2018
8:30 h a 11:55 h
21:52 24/07/18
Dentro da programación da Semana Cultural de Zas non podía faltar a ruta noctura con observación astronómica incluída, tal e como se vén facendo nos últimos anos. E como sempre, diso encargarase o físico baiés Jorge Mira quen comentará os principais elementos que se poden contemplar no firmamento en días de verán como estes. E lugar escollido para esta contemplación é Arca da Piosa, un lugar cargado de misticismo e alonxado da contaminación lumínica. Para a observación sairase en autobús ás 22:00 horas do Centro Sociocultural de Zas, onde un pouco antes (ás 21:15 horas) terá lugar a presentación do libro “Na procura da noite: Fotografando o ceo nocturno” editado pola USC e coordinado por Jorge Mira e na que unha das coautoras é a fotógrafa Ana García.
Para participar en calquera das dúas rutas, é necesario anotarse previamente a través dos números de teléfono 981 718 056 ou 981 751 398 ou no centro sociocultural de Baio ou no de Zas. A inscrición é gratuíta.