Evento
Ruta nocturna en Carnota
27/xul./2018 a 27/xul./2018
9:00 h a 11:55 h
14:12 23/07/18
"Carnota e o seu patrimonio" é o título da ruta noturna que se realizará o próximo venres, 27 de xullo, e na que os participantes terán a oportunidade de visitar os petróglifos de As Laxiñas, desfrutar do eclipse lunar, das vistas do LIC Praia de Carnota e Monte Pindo así como das vistas dende o Mirador de Lira.
Esta é unha actividade incluída dentro do programa de visitas guiadas que oferta o concello de Carnota durante os meses de xullo e agosto.
Os interesados/as poden formalizar a inscrición no departamento de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Carnota ata o 18 de xullo de 2018 ás 14:00 horas. Para a realización desta ruta cómpre un mínimo de 12 e ún máximo de 35 persoas inscritas. Máis información no seguinte teléfono: 981 857 032.