Evento
San Xoán en Mazaricos
Menudo San Xoán que se prepara para este ano en Mazaricos. Sempre é unha das festas máis especiais do ano, e este curso, como o venres 24 xa é festivo autonómico, a nivel municipal optouse por coller o xoves 23 para completar unha ponte estupendísima.
E estará chea de cousas que facer, comezando a golpe de venres cun pasarrúas e unha sesión vermú.
Pola tarde-noite, toca deporte III Gala do Fútbol da Costa-QPC, que xuntará aos mellores do curso na Casa da Cultura. E a sesión poderase completar coa verbena da man de Trova Musical e Trío Beiramar.
O sábado 25 haberá moitas máis cousas , comezando ás 12:00h coa Concentración de coches clásicos, da man da Asociación Club de Galicia, que deixarán aparcados os seus tesouros de 4 rodas á Avda. 13 de abril da Picota para o deleite dos visitantes ata as 16:00h.
A visita poderá alternarse cun pasodoble na sesión vermú sabatina coa Orquesta Versalles, que repetira pola noite do Grupo Midas na verbena de peche de festa.
#Mazaricosnallama!
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).