![Semana Gandeira Mazaricos 2016]()
É, sen dúbida, unha das semanas máis importantes do ano en Mazaricos. Non pode ser doutro xeito nun
concello que depende ao 90% do sector gandeiro. Do 14 ao 20 de novembro, a Casa da Cultura da Picota acollerá a Semana Gandeira MZ 2016, unha completa semana de actividades relacionadas coa vaca.
Os organizadores, o Concello, a Asociación de Gandeiros e AFRICOR, esperan convertir Mazaricos no centro do sector gandeiro galego, sendo a poxa de Xovencas do domingo 20 unha das citas máis singulares.
Pero hai moito máis. Dende o luns 14 e durante a semana, haberá actividades para escolares, visitas a explotacións gandeiras, un concurso fotográfico e un concurso de sobremesas lácteas.
Xa o sábado 19 toca unhas interesantísimas charlas técnicas sobre o sector lácteo. Pola tarde, farase entrega do premio do certame de fotografía; un obradoiro de manualidades, un show cooking coa MasterChef ceense Ana Oca, e como non, o concurso de muxido coa sufrida Mazarica, que nunca falta nestas citas.